Por moito que esta web abarque as principais etapas na vida dun emprendedor, ás veces é preciso fiar fino ou afondar nalgunha delas. Por este motivo, organizaremos obradoiros prácticos con profesionais de referencia sobre os temas que tratamos nesta web.

A nosa idea é acudir aos eventos que xa se estean a realizar en Galicia, para achegar o noso gran de area e preparar a calquera persoa emprendedora para o que lle espera, aínda que non descartamos ningunha proposta neste sentido. Non queremos ser «outra web», queremos ser «esa web»: ese proxecto que axude ás startups a afrontar los problemas que vaian xurdindo.

Obviamente, situacións desesperadas requiren medidas desesperadas. Se precisas  premer un botón do pánico, contacta connosco, xa que parte dos fondos destinados a este proxecto cobren esas emerxencias. Escoitaremos o problema, revisaremos a túa situación e intentaremos axudarte en todo o posible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *