Aceleradoras

Un dos principais actores neste enredo que é emprender son as aceleradoras. Conforme vaiamos recollendo experiencias e documentación, irá medrando este apartado. Polo momento adiantámosche a nosa idea de contidos:

  • Análise do seu funcionamento, especialmente das cláusulas dos seus contratos, mediante criterios obxectivos.
  • Glosario de cláusulas «complicadas», baseado en casos reais que vaiamos coñecendo.
  • Decálogo de boas prácticas, como proposta para mellorar as relacións entre acelerados e aceleradoras.