From 0 to hero

Queres un resumo? Descarga esta infografía

Checklist de cousas que hai que ter en conta á hora de emprender

No idealismo entepreneur é usual escoitarmos que para triunfar cunha start-up só precisamos ter unha boa idea, e crer nela. A realidade, se queres emprender en España, é que vas ter que adicar máis tempo do que che gustaría á burocracia e aos papeis. Nada que ver coa túa idea, mais é preciso cumprir se non queremos sustos.

  • Responsabilidades que adquires

Xa o terás escoitado algunha vez, mais pénsao ben. Cando te comprometes a facer algo, xa sexan bens ou servizos, adquires unha responsabilidade de que as cousas van funcionar ben. Non ten que ver con que logres ter éxito ou non, senón con que o fagas da mellor maneira posible. Se hai problemas, ti respondes polo cumprimento da legalidade vixente e, aínda que leas nalgúns artigos que «non hai que pagar impostos» ou «non pasa nada se ninguén reclama», lembra dúas cousas:

– que o simple feito de dicir que vas facer algo te compromete a facelo e, sobre todo,

– que un contrato non é o que se escribe nun papel, senón o que ti acordes con outro que se vai facer.

A responsabilidade, no contexto legal, supón unha obriga de compensar dalgunha forma a quen lle provocas un dano, por un incumprimento contractual.

  • Obrigas fiscais: Facenda

Antes de que inicies a túa actividade, emitas a primeira factura ou pagues ao primeiro provedor, tes que avisar á Axencia Tributaria. Para iso, debes darte de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores, presentando o Modelo 036 ou 037. (O 037 é a versión simplificada, se cumpres os requisitos).

Isto non ten que ver con que ingreses diñeiro, senón con advertir á administración de que inicias unha actividade profesional. Unha vez “fichado” pola Axencia Tributaria veñen os trimestres obrigatorios (declaracións de IVA e IRPF trimestrais), aínda que a túa facturación sexa 0. A sanción por non presentalos son 250 euros por trimestre e formulario. Se tes dúbidas, o mellor é que acudas directamente á Axencia Tributaria a que te asesoren ou contactes cun asesor fiscal.

  • Obrigas como autónomo: Seguridade Social.

O 99% dos emprendedores son freelance, que é unha palabra bonita para autónomo. Só hai dúas formas de traballar: contratado (por conta allea) ou autónomo (pola túa conta). Incluso se constitúes unha empresa, tes que ser ti, persoa humana, autónomo. Nisto si que é importante a facturación, porque en canto te deas de alta tes que pagar as cotas correspondentes mes a mes.

Aquí hai truquiño. Se é a túa primeira vez de alta, podes acollerte á cota reducida (depende de cal sexa o goberno en cada momento, mellor consulta aquí como está agora). Talvez non o sexa, ou non cumpras os requisitos, pero non te preocupes. Se a túa facturación anual non supera o salario mínimo interprofesional equivalente (SMI x 12), existe unha base sólida para xustificar non darse de alta. Obrigatorio é, independentemente dos ingresos e do tempo que lle dediques, mais se non superas ese límite do SMI, non é unha actividade habitual. E, se non é unha actividade habitual, pode discutirse que haxa que pagar.

O que si permite a Seguridade Social sen risco de reclamacións é que tramites ata 3 altas por ano; podes estar de baixa nos períodos de inactividade e darte de alta cando realizas de maneira habitual, persoal e directa a actividade económica.

  • NDA

Cando emprendes, é probable que penses que tes unha idea estupenda. Magnífica, valiosa, que o único que te separa do triunfo é a túa idea. A pesar de termos unha Lei de Segredos empresariais recente que se encarga de protexela, podes estar extraseguro cun NDA. Un NDA non é mais que un acordo de confidencialidade, onde as partes están obrigadas a non difundir a información que se comparta baixo as condicións que se pacten nese momento.

Podes asinalo con colaboradores, provedores, futuros socios, testers…, pero non existe unha maneira 100% segura de evitar filtracións. Iso si, un NDA garante que polo menos haberá consecuencias legais.

Precisas axuda para redactar un NDA? Descarga o noso modelo:



  • Seguridade ante todo

Lembra que a responsabilidade polas túas actividades tamén afecta á protección dos datos que empregues: evita as redes públicas, ponlle contrasinal a todos os dispositivos que uses, consulta a páxina da Axencia de Protección de Datos para poder dispor dunha mínima cobertura, e xa estás preparado para lanzarte ao mundo emprendedor.