O obxectivo principal desta web (o motivo polo que naceu este proxecto) é evitar sorpresas desagradables, especialmente na procura de financiación. Coñecer que cousas se deben ter en conta antes de negociar con investidores e cales son as liñas vermellas axudarache a conseguir unha mellor experiencia. Os cartos xa non dependen de nós 😉

Falar de rondas e exits é sinxelo, pero cando chegue o momento de asinar o contrato é posible que atopes un escuadrón de avogados que van velar polo interese do investidor, e non queremos que te sintas pequeniño/a: aquí atoparás toda a información necesaria para que o risco de sorpresa cando peches o trato cun investidor sexa mínimo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *