Podemos clasificar os investidores dunha startup segundo multitude de criterios: os seus obxectivos, a súa tolerancia ou aversión ao risco, a súa forma de operativa, o seu carácter público ou institucional. O realmente interesante será a maneira na que van instrumentar o investimento, e o nivel de intervención que acaden dentro da empresa.

Cada tipo de investimento acostuma asociarse a unha etapa de desenvolvemento da startup, por importes, nivel de risco, expectativas de retorno…

FASES/INVERSIÓN

  1. PRESEMENTE (PRE-SEED)

É a etapa na que aínda non tes claras as liñas de negocio, nin contas cun MPV. O estándar di que non se investirán máis de 100.000€ nesta fase, e as opcións de investimento acostuman ser: 

  • Socios fundadores: se vas emprender, o primeiro capital da empresa será o teu.
  • Family, Friends and Fools: pode que o teu círculo de confianza teña máis recursos ca ti, e queira apostar pola túa idea. Eles son o primeiro investidor ao que se acostuma acudir para financiar o teu proxecto.
  • Concellos e Comunidades Autónomas: acostuman convocar axudas para novos autónomos, que en moitas ocasións son suficientes para dar partida e constituír posteriormente se vale a pena.
  • Incubadoras de Start-ups: especializadas en mentorización nas primeiras fases, acostuman asignar un “mentor” que axuda coa definición do negocio e a busca de financiación.
  1. SEMENTE (SEED) E FASE TEMPERÁ (EARLY)

A startup conta cun Plan de negocio minimamente validado, un equipo máis ou menos consolidado, e un PMV. O habitual nesta fase é precisar e poder acadar financiación arredor de 100 y 300 mil euros, que poderán obterse de: 

  • Aceleradoras: son organizacións que che deixarán un espazo para traballar, asignaranche un mentor que che axude a validar o produto e o Plan de negocio, e axudaranche a buscar investidores. Existen aceleradoras públicas e privadas, pero non son de balde: faranche asinar un contrato a través do que te comprometes a darlles entrada na empresa. Hai que estudar as condicións con detemento e consultar con expertos para evitar sorpresas. Podes consultar información máis detallada no noso apartado Aceleradoras.
  • Business Angels: son investidores particulares que apostan por startups na fase inicial, asumindo parte do risco. Podes contactalos directamente ou a través dunha aceleradora se estás nunha.

    Investidores públicos: 

  • ENISA: é un organismo público de apoio ao emprendemento innovador. Pode consultar as súas liñas de financiación aquí. ENISA fai préstamos sen garantía persoal nin aval, polo que en caso de que o proxecto fracase, non acostuman reclamar a devolución.

En ENISA diferéncianse tres liñas de financiación dependendo da data de constitución e idade dos socios da empresa:

  1. Mozos emprendedores: liña específica para PYMES e Startups de recente constitución (menos de 24 meses) debendo estar a maioría do capital en mans de persoas físicas de idade non superior a 40 anos. Ademais, os socios terán que aportar, vía capital ou a través de fondos propios, polo menos un 50 % do préstamo.
  2. O préstamo oscila entre os 25.000€ e os 75.000€ cunha carencia de até 5 anos e un vencemento máximo de 7 anos.
  3. Emprendedores: liña específica para PYMES que fose constituída durante os 24 meses previos á solicitude, e con socios sen límite de idade.O préstamo oscila entre os 25.000€ e os 300.000€ cunha carencia de até 5 anos e un vencemento máximo de 7 anos. Os fondos propios deben ser, como mínimo, equivalentes á contía do préstamo.
  4. Crecemento: liña específica para PYMES, independentemente da súa antigüidade, e dirixida a apoiar proxectos empresariais de expansión ou mellora competitiva.O préstamo oscila entre os 25.000€ e os 1,5M€ cunha carencia de até 7 anos e un vencemento máximo de 9 anos. Os fondos propios deben ser, como mínimo, equivalentes á contía do préstamo.
  • NEOTEC (CDTI): O CDTI é un organismo público de axuda ao emprendemento en I+D+I que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas. Conceden varios tipos de axudas, algunhas a fondo perdido, e outras reembolsables. O seu programa de axuda a pequenas empresas que nacen é o NEOTEC, que ten como obxectivo o apoio á creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica, cunha subvención de até 250.000 €. Unha empresa de base tecnolóxica (EBT) é unha empresa cuxa actividade se centra na explotación de produtos ou servizos que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir daactividade investigadora. Deberán estar constituídas como máximo nos tres anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes e cun mínimo de 20.000 € de capital social.
  • Axudas autonómicas:Estas axudas dependen dos programas e orzamentos das distintas Comunidades Autónomas. Concretamente en Galicia, estas axudas xestiónaas o Instituto Gallego de Promoción Económica (IGAPE), que é unha axencia adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia. A misión do IGAPE é a de apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial. Noutras Comunidades Autónomas, como pode ser Cataluña e Valencia, este tipo de axudas lévanas outros Organismos como poden ser o ACCIÓ e o IVACE.
  • Axudas europeas:a UE conta con varios programas de financiación a startups que nalgúns casos tamén inclúen a mentorización na etapa de crecemento. Moitos destes programas están xestionados pola EASME, que ten programas xerais (Invest Horizon, COSME, SME Instrument, EIC Fast Track to Innovation) e outros para sectores específicos como medio ambiente, enerxía ou marítimo. Ademais existen axudas específicas para empresas que traballen cos satélites Copernicus ou de forma colaborativa con outras empresas europeas (Eureka Programm), por exemplo. 

  • CRECEMENTO (GROWTH) E EXPANSIÓN (EXPANSION)

Na fase de crecemento o obxectivo principal será crear un fluxo de caixa estable: ser sostibles coa nosa facturación. Se o conseguimos, poderemos apuntar á expansión: buscar a implantación en novos mercados que nos fagan escalar.


Esta etapa adoita dividirse en varias fases segundo a financiación que se vaia conseguindo: Fase A (até 1 millón de euros), Fase B (até 3 millóns de euros), Fase C (até 16 millóns de euros) e Fase D (até 20 millóns de euros).

Os investidores habituais nesta etapa son aqueles que apostan por obter un retorno importante do seu investimento:

  • Venture capital e Private Equity: son fondos de investimento que invisten en startups que superaron o break-even ou limiar de rendibilidade. Fan as súas propias análises de riscos para obter retorno, e acostuman esixir a cambio unha participación na sociedade: hai que prestar moita atención ao instrumento de financiación que planten para evitar que se fagan co control da nosa empresa. 

Os fondos de Venture Capitals son máis tolerantes ao risco, mentres que os de Private Equity adoitan escoller empresas cunha mínima traxectoria consolidada. 

  • Family Offices: son patrimonios privados de familias que invisten. Actúan como un fondo, coa peculiaridade de que están xestionados por unha familia.
  • Bancos e SGR: cando estás comezando non é habitual acudir á financiación de bancos: en primeiro lugar porque sen ingresos non cha van conceder e, en segundo lugar, porque é diñeiro que vas ter que devolver si ou si, independentemente do éxito do proxecto. Os bancos esixen garantías para conceder préstamos: as SGR (sociedades de garantía recíproca) son entidades públicas que avalan o teu crédito ante o Banco. Se non podes pagar, o Banco reclamaralles a estas, que despois acabarán reclamándoche a ti.

  • VENDA (EXIT) 

Son poucas as startups que acadan esta fase na que a empresa se vende a unha gran compañía (unicornios) e o emprendedor e investidores poden obter o retorno do investido. Pero ollo: se chegas aquí, serán determinantes os acordos de financiación que traias ás costas: non serías a primeira que acada un exit e non ve nin un euro porque firmou liquidacións preferentes ou retornos con multiplicadores astronómicos.