Por norma xeral, clasificamos a financiación en tres grandes grupos: os fondos propios, a débeda (préstamos) e o equity ou participación no capital. Hai infinitas fórmulas de débeda e equity, pero deixamos aquí información sobre as máis habituais no ecosistema startupil:

  1. FONDOS PROPIOS

O primeiro instrumento de financiación co que vas ter que contar é o teu propio diñeiro. Se os socios fundadores non asumen risco económico achegando un capital inicial, dificilmente o van facer os investidores. A rendibilidade deses fondos chámase ROE (Return on Equity) e calcula o beneficio neto en relación aos accionistas da empresa.

Para moitos a situación ideal sería 50-50: metade fondos dos fundadores e metade financiación externa. Este ideal non sempre se cumpre e, alén diso, algunha financiación externa pode contabilizarse como fondos propios (por exemplo, os préstamos participativos).

Serían fondos propios da empresa o seu capital social, as ganancias destinadas aos dividendos, fondos de outras institucións como subvencións ou doazóns…

  1. DÉBEDA

Préstamos participativos

Caracterízanse por un interese variable que sobe ou baixa conforme o faga a empresa, coa métrica que pactemos: o volume de negocio ou o beneficio neto, por exemplo.

A persoa que que che empresta os cartos (prestamista) nin intervén na empresa, nin decide o destino do diñeiro. Comparte a aventura empresarial na distancia. Porén, é frecuente que esa prestamista esixa que determinadas decisións estratéxicas conten coa súa aprobación. Dependendo do caso, é posible que sexa preciso modificar o pacto de socios para regular esas decisións. Situacións como, por exemplo, que non se farán novas contratacións sen a súa conformidade, ou que os socios se absterán de determinadas accións.

Pode o/a prestamista chegar a se converter en socio/a? Só se pactamos unha cláusula de convertibilidade: ante a imposibilidade de devolver o capital, o prestamista pode pedir «validar» o seu diñeiro por participacións sociais. Neste caso, amplíase o capital social por compensación da débeda pendente, o que significa emitir novas participacións titularidade do/a prestamista.

Se amortizamos anticipadamente, isto é, se conseguimos pagar o préstamo antes dos prazos aforrando intereses, será preciso ampliar con fondos propios a mesma cantidade. Deste modo conseguimos reequilibrar o patrimonio neto da sociedade.

Préstamos convertibles (ou Notas convertibles)

Estes préstamos outórganse cun interese variable ou fixo co fin de ser devoltos en prazo, ou a cambio da súa conversión en participacións na empresa. 

A diferenza dos préstamos participativos, aquí non é opcional a cláusula de convertibilidade: quen inviste sempre vai poder esixir a conversión en participacións sociais, se se cumpren as circunstancias.

As condicións desta conversión páctanse con anterioridade, aínda que o normal será que opere cando non se cumpra coa devolución en prazo. En ocasións o dereito de conversión do prestamista “gárdase” para futuras ampliacións de capital, nas que contará con preferencia.

En calquera caso si que ten que quedar definida desde o inicio a porcentaxe de participacións ás que ten dereito a investidora-prestamista. Estes préstamos parecen un inocente instrumento de débeda que non permite a intervención do/a investidor/a na vida da empresa,  pero ollo cos requisitos de decisión previos á convertibilidade e coas condicións desta.

  1. EQUITY: PARTICIPACIÓN NO CAPITAL SOCIAL

Por exemplo, se a empresa vai ben e comeza a repartir dividendos, e algunha das socias é unha inversora con liquidación preferente, ninguén vai ver un euro ata que esta recupere o total do investido, ou o dobre, o triplo…

Estamos valorando preparar con expertos unha guía para un bo pitch, coas chaves que teñen en conta os fondos, e outra sobre os cap table, ou composición ideal de socios despois da financiación. Se cres que resultaría interesante, escríbenos para que lle metamos caña ao asunto…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *